O LIFE Lugo + Biodinámico pon a disposición da cidadanía o seu Catálogo de Flora
O Catálogo de Flora do LIFE Lugo + Biodinámico é un recurso creado polo proxecto para dar a coñecer todas as especies que foron plantadas e catalogadas ao longo destes anos nas diferentes accións demostrativas desenvolvidas na área de actuación entre o Polígono das Gándaras e o Ceao.
Este catálogo componse de 74 elementos, que recollen todas as especies que se atopan no recinto do Arboretum das Gándaras, un espazo de máis de 5 hectáreas que na actualidade acolle 8 bosques galegos diferenciados, como son o Bosque de Ribeira onde se mesturan salgueiros, chopos, freixos, ulmeiros, abeleiras e lodoeiros. O Cerqueiral, dominado pola presenza do cerquiño e no que podemos atopar ademais castiñeiros, serbais e uces. O Bosque Mediterráneo, onde a carrasca e a sobreira conviven con sanguiños, acivros, érbedos, escornacabras, estevas e loureiros. A Carballeira de Carballo Pedunculado con carballo, freixos, cerdeiras, bidueiros, castiñeiros, acivros e loureiros. A Carballeira de Carballo Albar na que se atopan ademais pradairos, faias e sanguiño. O Faial, no que as medran con acivros, teixos e capudres. O Bosque Mixto, coa presenza de abeleiras, freixos, cerdeiras, carballos, ulmeiros e sabugueiros e o Bidueiral de terras altas onde tamén se mesturan cerdeiras, capudres, acivros e mais uces. O Catálogo recolle, ademais, diferentes especies de matogueira, hábitat de pequenos mamíferos e diferentes paxaros, coma toxos e xestas, ademais dunha ampla compilación de plantas aromáticas coma o romeu, a sarxa, o xilmalbeira, o loureiro e o tomiño.
Cada unha das 74 fichas que conforman o Catálogo de flora recolle o nome en galego e español de cada planta, así coma a súa nomenclatura botánica, descrición, usos e localización xeográfica, co seguinte formato:
Podes descargalo no noso apartado de Folletos Divulgativos ou directamente a través desta ligazón.