A finalización dun proxecto LIFE conleva sempre a elaboración dun informe que recolle todo o aprendido ao longo do proxecto. Trátase do Informe Layman, un documento elaborado para presentar ao público xeral, cunha linguaxe próxima e asequible a persoal non técnico e alleo ao LIFE Lugo + Biodinámico. Este informe recolle os datos e os resultados do proxecto, así coma imaxes, infografías e toda a información sobre o seu desenvolvemento ao longo dos anos, así como unha serie de conclusións unha vez chegada a súa finalización.

O Informe Layman ten tamén como obxectivo a difusión das boas prácticas do proxecto e a divulgación das ferramentas, tecnoloxías e aprendizaxes exportables, que poidan servir de exemplo e de guía para outras cidades. Deste xeito, a implementación do LIFE Lugo + Biodinámico produce melloras non só na cidade de Lugo, senón tamén para todos aqueles proxectos que tomen as accións e resultados do mesmo como modelo a seguir e aplicar nas súas cidades.

O Informe Layman está dispoñible para consulta e descarga, en inglés e castelán, no apartado “Sobre o Proxecto” da nosa web e tamén nesta ligazón directa.