O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico comeza a agromar froitos, no sentido máis literal.

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, entidade socia do proxecto, puideron comprobar nestes días como o souto que se ergue no barrio das Gándaras comeza a producir ourizos e castañas. Este souto, recollido nas Accións de Implementación do proxecto -C6-, contén unha representación de variedades galegas recomendadas para a comarca (Parede, Garrida, Ventura, Negral e Branca; e ocupa máis de 3 hectáreas de terreo.
Este espazo quere funcionar coma un reservorio de recursos autóctonos e ser utilizado con finalidade didáctica.

Na galería que acompaña esta entrada pódese observar unha mostra da produción actual.