O pasado venres 15 de maio saiu a licitación, por segunda vez, o edificio Impulso Verde do LIFE Lugo + Biodinámico.

A páxina web da Plataforma de Contratación do Sector Público do Ministerio de Facenda publicou o Perfil do Contratante para a licitación do edificio, que será un dos estandartes do LIFE Lugo + Biodinámico. O prego de condicións recolle a contratación da obra para o edificio, tal e como se estipulou na última Xunta de Goberno local.

As condicións do prego poden consultarse aquí.