Un dos obxectivos do LIFE Lugo + Biodinámico é xerar entre a poboación de Lugo unha conciencia medioambiental e de familiarización coa contorna e as especies autóctonas. As nenas e os nenos de Lugo están a ser, a día de hoxe, o noso público máis entusiasta, polo que este ano continuamos coas actividades de divulgación ambiental nos centros escolares da cidade e dos municipios próximos.

Así, no vindeiro mes de marzo temos xa axendadas visitas aos centros de ensino primario Menéndez Pelayo e Rosalía de Castro da cidade. Agardamos que estas citas sexan o comezo dunha axenda tan cargada de eventos con escolares coma a do ano pasado!

Se queres ver como se foron desenvolvendo estas actividades, tanto nas escolas coma nas nosas plantacións, podes visitar a nosa fotogalería.