O pasado luns 16 de decembro celebramos unha nova edición dos nosos obradoiros de poda de castiñeiros, que teñen lugar no Souto das Gándaras. Este obradoiro tivo unha presenza especial, a do equipo de reporteiros do programa “Fun polo Aire” da TVG, que retransmitiron en directo algúns dos consellos que Pablo Antonio Fraga, socio do proxecto, deu ás persoas asistentes ao curso.

Velaquí deixamos a ligazón á reportaxe feita en directo dende o Souto das Gándaras:

Se ti tamén queres asistir, lembra que siguen abertas as inscricións para o derradeiro obradoiro do ano, que terá lugar o vindeiro luns 23 de decembro. Podes apuntarte nesta ligazón.