Este pasado mércores 29 de abril tivo lugar unha conversa online organizada pola UPM, universidade socia do LIFE Lugo + Biodinámico, dentro do seu ciclo “El día después será…” na que participou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Nesta conversa, diferentes alcaldes, alcaldesas e concelleiros de todas as comunidades autónomas analizaron e expuxeron as solucións que cada cidade vai levar adiante en resposta á crise do COVID-19, sempre aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

Este encontro dixital, moderado polo xornalista de TVE Carlos Franganillo, deu cita a alcaldes e alcaldesas de cidades coma Madrid, Valencia, Sevilla, Zaragoza ou Valencia, ademais de Lara Méndez. A alcaldesa debullou o escenario para as vindeiras semanas, meses e anos na cidade de Lugo, pondo como exemplo a estratexia de aldea urbana como lugar de convivencia en equilibrio entre as persoas e o seu entorno. Na súa presentación, salientou a importancia para a recuperación da cidade e a aposta por un futuro máis sostible, o proxecto do Barrio Multiecolóxico do LIFE Lugo + Biodinámico, que se desenvolverá nas Gándaras.

Podes seguir toda a conversa, así como a intervención da alcaldesa Lara Méndez, neste enlace.