O xoves 28 de abril tivo lugar a presentación do edificio Impulso Verde na 5ª edición do Rebuild. Este congreso pioneiro sobre arquitectura e construción sostible xa contou en edicións anteriores coa presenza do LIFE Lugo + Biodinámico, sendo o edificio Impulso Verde finalista do concurso de arquitectura do encontro na edición 2021.

A arquitecta municipal do Concello de Lugo, Susana Penedo, foi a encargada de presentar o edificio Impulso Verde na conferencia “Edificios Zero Emisiones: Pioneros de la edificación descarbonizada que tivo lugar este 28 de abril ás 11h. Nela participaron tamén Toni Escudé, Director de Sostibilidade e Saúde de 011h Sustainable Construction e Iñaki Alonso, de SAAT Triple Balance, que presentaron proxectos que xa están a aplicar os principios da Folla de Ruta para a Descarbonización da Edificación en España, sendo Lugo un municipio pioneiro.

A conferencia estivo moderada por Gonzalo Anguita, o Director Executivo de FSC España, organización que vén de certificar a madeira empregada na construción do edificio Impulso Verde.

O Rebuild 2022, cuxa quinta edición se celebrou en Madrid do 26 ao 28 de abril, conta coa presenza duns 15.000 asistentes, tanto de xeito presencial no IFEMA de Madrid coma de xeito telemático. Neste showroom, no que tamén se celebra o Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada e Construción 4.0, teñen lugar palestras, debates, presentacións e demostracións de máis de 350 firmas e 400 expertos.