Este venres 4 de marzo, o edificio Impulso Verde vén de recibir a visita das alumnas e alumnos de Formación Profesional en Carpintaría de madeira do IES Rosalía Mera da Coruña.

Durante a súa visita, o alumnado puido observar e coñecer en primeira persoa as características únicas do proceso de planificación, desenvolvemento e construción do edificio, así coma os avances ambientais coma o uso da madeira como elemento estrutural ou o seu consumo enerxético case nulo co que reduce as emisións de CO2 á atmosfera nun 90% con respecto a construcións homólogas de formigón e aceiro.

O Impulso Verde é a primeira construción de carácter público de Galicia levantada en madeira local e é, ademais, o primeiro en España e un dos poucos no mundo en obter a prestixiosa certificación de proxectos FSC, converténdose nun referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.

O alumnado do IES Rosalía Mera, nas xornadas previas á visita para coñecer o proxecto, preparou unha maqueta do edificio en madeira no seu centro, aínda en proceso: