Este venres 29 de abril o edificio Impulso Verde recibiu unha nova visita: o alumnado pertencente ao programa mixto de Formación de Albañilería e Obra Civil, así coma o de Xardiñeiría e Traballos Forestais do Ayuntamiento de Fabero, en León.

Os participantes, un grupo de 20 persoas, 16 alumnos e 4 monitores, puideron coñecer de primeira man as características singulares deste edificio que o converten nun referente no ámbito da construción sostible. O interese que xera este edificio débese principalmente ao uso da madeira como elemento estrutural, así coma a súa aposta polo consumo enerxético case nulo, reducindo as emisións de CO2 á atmosfera nun 90% con respecto a construcións homólogas de formigón e aceiro.

O Impulso Verde é a primeira construción de carácter público de Galicia levantada en madeira local e é, ademais, o primeiro en España e un dos poucos no mundo en obter a prestixiosa certificación de proxectos FSC (que garante que non contribúe á deforestación e aposta polo produto local), converténdose nun referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.

Finalizada a súa visita, os participantes dirixíronse ata as plantacións das Gándaras onde tamén tiveron ocasión de coñecer o novo bosque urbano desenvolvido polo LIFE Lugo + Biodinámico.