Baixo o título “Orientaciones y recomendaciones para una construcción sostenible con madera contralaminada” o LIFE Lugo + Biodinámico publica unha guía monográfica que recolle en 16 páxinas boa parte das aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos no tocante á construción con madeira e aos beneficios da CLT. Grazas á experiencia de construción do proxecto piloto Impulso Verde, estandarte do proxecto e guía para o desenvolvemento do que será o primeiro Barrio Multiecolóxico, este monográfico recolle os pasos, análise técnica, consellos e evolución de todo o proceso construtivo, recollendo ademais información, datos, infografías e imaxes do paso a paso na edificación do Impulso Verde.

Esta guía conta, ademais, coa participación de FSC®, certificadora que acredita que todos os materiais de base forestal que se empregaron na construción do edificio contan co selo FSC®, e que vén de certificar o edificio co selo Proyecto Completo FSC®. Deste xeito, o monográfico certifica que a madeira, malia que sempre estivo presente na construción no noso país, convírtese no elemento estrutural para a edificación sostible das vivendas no presente e no futuro.

Tes toda a información na nosa páxina de Boletíns Monográficos e podes descargar a publicación directamente dende esta ligazón.