Onte o Concello de Lugo, un dos socios do proxecto, fixo a presentación ante a prensa do primeiro chanzo para o desenvolvemento do barrio multiecolóxico previsto nas accións do LIFE Lugo + Biodinámico.

O que será o primeiro barrio multiecolóxico de España contempla unha serie de medidas coma a edificación de vivendas construidas estructuralmente en madeira, a recollida de auga de choiva para a súa reutilización no rego das zonas verdes, e a implantación dun sistema de reutilización do lixo reconvertido a biomasa. Tamén haberá medidas de aforro enerxético coa reorientación dos viais e unha recuperación das zonas verdes con especies autóctonas.
Ademais, neste espazo prevese a construción do primeiro edificio público de Galicia levantado con madeira galega, Impulso Verde.

A planificación das solucións establecerase en función do seu propio microclima, derivado de condicións coma a altura, pendente ou a incidencia do sol ou o vento. Así conseguiranse zonas de Confort Climático: resilientes, enerxeticamente eficientes e preparadas ante temperaturas extremas e para evitar inundacións por choivas torrenciais.

Na nosa páxina web está toda a información sobre as accións a desenvolver nesta contorna.