Dentro das actividades do Foro Verde que o LIFE Lugo + Biodinámico ten programadas, a divulgación das accións do proxecto entre os centros escolares da cidade e a súa contorna é unha das que mellor acollida ten, dende o seu comezo.

Tal e como estaba programado, esta semana visitamos o centro CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, onte falamos cos cativos e cativas presentes sobre todo o que estamos a desenvolver no LIFE Lugo + Biodinámico para que a nosa cidade teña un futuro máis sostible, comezando dende agora.

Deixámosvos coa galería de imaxes coa visita do mércores 4 de marzo:

Podes consultar o resto das citas na nosa axenda, ou subscribirte ao noso boletín de novas para estar ao tanto de todo o que acontece co proxecto.