Dentro das actividades programadas no Foro Verde do LIFE Lugo + Biodinámico nestes meses estanse a celebrar unha serie de visitas a centros de ensino primario da cidade de Lugo e a súa contorna.

Nas semanas anteriores, membros dos equipos socios do proxecto visitaron o CEIP Albeiros con motivo do Día Mundial dos Humidais. Desta volta, a visita foi ao CEIP As Mercedes, onde os alumnos e alumnas de Primaria puideron descubrir todas as iniciativas que engloba o proxecto LIFE Lugo + Biodinámico. Ademais, para que puidesen contribuír coas accións de recuperación de especies autóctonas, os alumnos de 2º de Primaria plantaron dous chopos para estudar dende a aula a plantación e proceso de crecemento desta árbore.

As visitas continuarán nas vindeiras semanas e as datas pódense consultar no noso calendario.