ciclo luis asorey

A Real Academia Galega das Ciencias, co patrocinio da Deputación de Lugo, socia e entidade cofinanciadora do LIFE Lugo + Biodinámico, e a colaboración do Campus Terra da USC organiza unha nova edición do Ciclo Luis Asorey centrada este ano na bioeconomía e a economía circular. Este ciclo celebrarase entre as 19h e as 21h dos días 18 ao 21 e do 25 ao 27 de novembro, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.

O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico terá presenza neste ciclo de divulgación científica en dúas charlas. A primeira delas celebrarase o 18 de novembro e estará impartida por Manuel Guaita, director de PEMADE, catedrático da USC e socio do proxecto, cunha palestra sobre “Bioeconomía e construción de madeira”. A segunda das palestras, co foco posto na bioeconomía aplicada aos concellos, celebrarase na xornada de clausura do ciclo, o 27 de novembro, e nela farase unha achega ao proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, da man dos enxeñeiros da USC e socios do proxecto Esther Fernández Núñez e Antonio Rigueiro Rodríguez, na que se afondará nas investigacións sobre bosques urbanos e outras actuacións contempladas neste proxecto liderado polo Concello de Lugo.

Todas as sesións divulgativas son de balde e de acceso libre ata completar aforo, co requisito de formalizar a inscrición previamente a través deste formulario online. O programa completo do Ciclo pode descargarse a través da páxina da Real Academia Galega das Ciencias.

Tags: