As xornadas de contacontos musicais que se celebraron na fin de semana do 10 e 11 de setembro no Souto das Gándaras tiveron unha acollida moi boa por parte das familias de Lugo. A colaboración do Concello de Lugo con Fearmaga trouxo un ano máis “As aventuras de Maruxa, Xaquín e Fuco”, co obxectivo de divulgar o valor medioambiental e as vantaxes da construción en madeira, así como a loita contra o cambio climático.

Ao longo das catro sesións que se celebraron entre sábado e domingo, unhas 50 persoas asistiron ao Souto do Bosque Urbano das Gándaras e ao edificio Impulso Verde para gozar da interpretación de Cris de Caldas e a música de Xabi do Camiño. As nenas e nenos que asistiron recibiron, ao rematar, exemplares do conto “As aventuras de Maruxa, Xaquín e Fuco” ilustrado por Blanca Millán, ademais de material divulgativo e didáctico do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico. Deste xeito, a través da lectura e o xogo, a mensaxe sobre sostibilidade e respecto ao medio ambiente e coidado dos bosques vai con eles aos seus fogares.

Podes ver as imaxes das dúas xornadas nesta galería:

Tags: