O pasado domingo 26 de xuño un grupo de alumnas e alumnos do Curso de Construcción con Madera da Universidad Politécnica de Madrid visitaron as instalacións do edificio Impulso Verde.

O contexto da visita foi a celebración dunha viaxe técnica do alumnado do devandito curso coa que, ao longo de catro días, percorreron Galicia visitando diferentes emprazamentos nos que a construción en madeira, tanto histórica como de vangarda, sirve como modelo para a súa aprendizaxe.

Deste xeito, unha vez máis o Impulso Verde se convirte en modelo para a construción sostible. Ao longo da tarde do domingo as persoas asistentes puideron gozar dunha visita guiada polo edificio da man do socio do proxecto, o arquitecto Benigno Jáuregui, e comprobar de primeira man as características que fan desta construción un lugar único en Galicia. O uso da madeira como elemento estrutural, así como o consumo enerxético case nulo reducindo as emisións de CO2 á atmosfera nun 90% con respecto a construcións homólogas de formigón e aceiro.

O Impulso Verde, edificio estandarte do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, é a primeira construción de carácter público de Galicia levantada en madeira local e é, ademais, o primeiro en España e un dos poucos no mundo en obter a prestixiosa certificación de proxectos FSC que garante que non contribúe á deforestación e aposta polo produto local, converténdose nun referente na loita contra o cambio climático.